Vigo, 05 de Noviembre de 2009
Centro Tecnológico del Mar . Muelle de Bouzas s/n. Vigo
Xornada: Plan de Xestión para o Desenvolvemento
dos Estándares Técnicos e Comerciais
dos Productos da Flota Conxeladora de
Arrastre.
Descargar o díptico da xornada 
A situación actual, no relativo ás denominacións comerciais de materias primas conxeladas procedentes da pesca extractiva, adoece de criterios comúns/harmonizados na denominación de capturas xeradas pola actividade da flota de arrastre conxeladora de gran altura galega (tanto entre as distintas casas armadoras como entre buques dunha mesma armadora).
Tampouco existe un acordo con respecto aos formatos aplicados a cada especie (tipos de corte nos produtos,presentación, embalaxe etc.) e rango de tamaños asociados a cada un deles (pesos, lonxitudes, etc.).
Todo isto conleva unha problemática asociada que se fai sentir ao longo de toda a cadea de valor. Así, cabería destacar, entre outros: problemas de cara ás empresas da elaboración/transformación que utilizan coma fonte de fabricación estas materias primas, inestabilidade comercial ao ofertarse produtos similares con distinta denominación (e viceversa) e, por conseguinte, desconfianza no comprador final,dificultades ante a posibilidade de instaurar un mercado electrónico, etc.
|