Resultados do Proxecto XESPEICOM
O resultado do proxecto é un compendio de estándares e unha terminoloxía única, consensuados por representantes da propia flota, que permita a existencia dunha relación inequívoca de denominacións e formatos. Estas normas terán un carácter voluntario, si ben a través de ARVI fomentarase a súa implementación.
Este apartado recolle a modo de Ficha Resumen para cada unha das especies estudadas, as propostas de estandarización xurdidas dos traballos desenvolvidos durante estes meses.
Agradecemos o esforzo realizado por todos aqueles que co seu traballo e coñecemento axudaron a que estes Estándares Técnicos sexan hoxe unha realidade, especialmente as casas armadoras integradas na OPP-3 que participaron activamente na recollida de datos para confeccionar as propostas de denominacións comerciais de especies e elaboracións, así como nas Mesas de Traballo que deron lugar aos Estándares Técnicos aquí presentados.
Conclusiós do Proxecto XESPEICOM
Desenvolvéronse Estándares Técnicos para as 35 especies máis representativas das capturas realizadas pola flota conxeladora en augas do Atlántico Norte e Suroeste, alcanzando as 122 materias primas que se poden derivar das mesmas e clasificadas en 404 categorías. (23 especies, 71 materias primas e 234 referencias para At. Norte e 12 especies, 51 materias primas e 170 referencias para At. Suroeste).
Estas normas terán un carácter voluntario, si ben a través de ARVI fomentarase a súa implementación.
Beneficios e Aplicabilidade
A estandarización de denominacións das capturas e de formatos e rango de tamaños levará da man unha mellora da cadea de comercialización de produtos conxelados dende a súa descarga e almacenamento en frigoríficos ata o consumidor final, que é o “protagonista principal” desta cadea, xa que a el van destinados, en último caso, os produtos pescados pola flota conxeladora. Inténtase con esta proposta:
- Harmonización dos códigos das capturas en canto a denominación, tamaño e procesado.
- Mellora da comercialización de ditos produtos.
- Seguridade dos compradores e mellora da imaxe do sector.
Sen unha estandarización calquera outra medida de control perde un pouco a súa efectividade, pois sen códigos comúns para toda a flota nunca se está seguro do produto adquirido. Con esta medida, sen dúbida, chegarase a conseguir a fluidez total nos intercambios comerciais de produtos conxelados, e por conseguinte unha maior rendibilidade para o sector.
Aquelas empresas que abracen voluntariamente estas normas, estarían simplificando a súa xestión, de xeito que a interlocución con outras empresas que traballaran co mesmo sistema eliminaría diferenzas e axudaría a establecer estratexias conxuntas.
Espérase que as industrias elaboradores demandantes, rapidamente apoien a iniciativa ao dispoñer de mercadorías similares en características e evitar de antemán problemas derivados da heteroxeneidade; igualmente o seu esforzo en canto a escandallos e controis de materias primas se refire (sistemas internos de control de calidade) podería reducirse sensiblemente suscribindo acordos aos que remitirse.
|