ACCIÓNS COLECTIVAS 2026

ARVI foi beneficiario de dúas axudas pública para proxectos colectivos de mellora das instalacións dos portos pesqueiros, lugares de desembarque, lonxas e ancoradoiros de descarga. Son unhas axudas ligadas o FEMPA, administradas pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e destinadas a Mellora da seguridade e das condicións de traballo.

No marco destes proxecto adquiriranse unha traspaleta, unha mesa de mostraxe, unha hidrolimpadora, 150 palets  e unha nova instalación de lavado de caixas reutilizables para peixe fresco, que darán servizo á frota e a Lonxa de Vigo.

Os datos do proxectos son os seguintes:

  • PROXECTO COLECTIVO “MELLORA DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO NA DESCARGA – TRASPALETA” (Nº EXPTE: PE209G-2026-00041) cun orzamento de 2.390,00 euros: FEMPA 70 % (1.673,00 €); C.A. de Galicia 30 % (717,00 €).
  • PROXECTO COLECTIVO “COOPERATIVA ARMADORES DE PESCA PUERTO DE VIGO S COOP” (Nº EXPTE: PE209G-2026-00043) cun orzamento de 976.200,00 euros: FEMPA 70 % (683.340,00 €); C.A. de Galicia 30 % (292.860,00 €).

Estas axudas están cofinanciadas, conforme o artigo 43.1 do Regulamento 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e o 30 % pola Comunidade Autónoma de Galicia con cargo á aplicación orzamentaria 16.03.514A.781.0.

Nesta ligazón pode consultarse a RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e tramitadas como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209G). (DOG Núm. 1365, 22/07/2026, Páxina 40569).

Share This

¡Comparta esta noticia!