INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA PARA AUTOCONSUMO DE ENERXÍA

ARVI foi beneficiario dunha axuda pública para un proxecto colectivo de instalación de placas solares de autoconsumo.

O proxecto consiste nunha instalación fotovoltaica deseñada para o autoconsumo na COOPERATIVA DE ARMADORES DE VIGO, situada no Porto Pesqueiro de Vigo. A finalidade do proxecto é a redución de consumo eléctrico empregando tecnoloxía eficiente como son os paneis fotovoltaicos, reducindo deste xeito as emisións ó medio ambiente.

O campo fotovoltaico está constituído por 185 módulos fotovoltaicos da marca LONGISOLAR e modelo LR4-66HPH de 415 Wp de potencia unitaria e tecnoloxía monocristalina, que se instalarán sobre a cuberta, dando como resultado unha potencia pico de 76,775 kWp. O rendemento do citado módulo é de 20,80%,

Os módulos serán instalados sobre a cuberta fixados sobre unha estrutura resistente de aluminio que se atopará en disposición coplanar respecto.

O sistema consta de dous inversores que posúen unha entrada pola cal se conecta o sistema fotovoltaico e unha saída que é conectado ó consumo da Cooperativa. Deste xeito, se recolle enerxía xerada polos módulos fotovoltaicos para que sexa regulada e adaptada ós consumo internos. 

A axuda recibida está cofinanciada conforme o artigo 43.1 do Regulamento 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014 e as porcentaxes de cofinanciamento das axudas son do 75 % co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e o 25 % con fondos da comunidade autónoma de Galicia.

 

Share This

¡Comparta esta noticia!